Site icon Crónica3.com A Mariña

Donapubli xa xestiona o Kit Dixital de case un centenar de empresas da Mariña

A consultoría dixital ribadense é axente digitalizador adherido ao Kit Dixital e busca, a través desta subvención, axudar aos negocios da zona para dixitalizarse

Ribadeo, 17 de novembro, 2022. Donapubli, a consultoría dixital de Ribadeo, realiza a tramitación das subvencións de Kit Dixital de todas as empresas da zona que estean interesadas en dar un paso máis na dixitalización dos seus negocios. Por iso, grazas ao traballo de todo o equipo, conseguiron xestionar case un centenar de axudas para empresas da Mariña, o que supón un beneficio para estes negocios, e por tanto para a zona, duns 250.000 €.

Desde que o Goberno de España fixese públicas estas axudas, a empresa adheriuse ao
programa Kit Dixital como axente digitalizador para poder executar as solucións
subvencionables para as empresas que o necesitasen. Os beneficiarios do Kit Dixital son
as pequenas empresas, microempresas e traballadores autónomos, que pertenzan a calquera
sector ou tipoloxía de negocio. O que significa que a maioría de negocios da
Mariña pode beneficiarse desta subvención e mellorar a súa presenza na internet coa
creación dunha páxina web, a xestión das súas redes sociais ou a implantación dunha
ecommerce.

Coñeces o Kit Dixital?

Trátase dunha iniciativa do Goberno de España, cuxo obxectivo é subvencionar a
implantación de solucións dixitais dispoñibles no mercado para conseguir un avance
significativo no nivel de madurez dixital. Desde 2000 € para empresas de 0 a 3
empregados e 6000 € para as de 3 a 10, ata 12.000 € para as que se atopen no
tramo de 11 a 49. As empresas beneficiarias reciben o diñeiro nun bono que adxudican ao
axente digitalizador seleccionado e que será o encargado de implantar as solucións
dixitais elixidas por eles mesmos. Estas solucións poden ir desde a creación dunha
páxina web ata a xestión profesional das súas redes sociais, pasando pola implantación
dunha tenda en liña.

Exit mobile version