Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves serán entregados os premios aos gañadores da campaña desenvolvida por AciaFozCCA entre o 29 de setembro e o 29 de outubro

Foz, 9 de novembro de 2022. Mañá, xoves, serán entregados os premios aos gañadores da campaña desenvolvida por AciaFozCCA entre o 29 de setembro e o 29 de outubro. Será nun acto que terá lugar ás 20:15 horas diante da Casa do Concello.

AciaFozCCA sorteou 2.000 euros en vales de compra repartidos en 6 premios de 100 euros cada un, 2 premios de 200 euros, 1 premio de 400 euros y 1 premio de 600 euros. As afortunadas e afortunados poderán consumir os seus premios ata o 31 de decembro nos establecementos que participaron nesta campaña.

Esta iniciativa foi organizada por AciaFozCCA e conta co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia. O sorteo tivo lugar hai uns días nas instalacións de Radio Foz.

Exit mobile version