Site icon Crónica3.com A Mariña

Final vertixinoso en Vista Alegre

Burela, 12 de novembro, 2022. Esta tarde ás 18h30 no Pavillón Vista Alegre de Burela disputouse o encontro CD Burela FS – FC Barcelona B. Un partido cheo de sobresaltos e emoción no que unha enardecida afición do BurelaFS, case 1000 espectadores, rematou o encontro en pé cun gol do FC Barcelona B no último segundo, apoiando ao seu equipo coa paixón dun pobo que cada fin de semana demostra o seu amor por este deporte. En palabras do adestrador do equipo burelés, David Rial “Facía moito que non vía eu algo tan bonito coma o de hoxe en Vista Alegre”

Nunha primeira parte bastante igualada en canto ao xogo, o Burela FS comeza anotando o seu primeiro tanto da man de Nando no minuto 7. Posteriormente un erro de Adrián Tapias sentencia o 2-0 para o Burela FS cun gol en propia porta despois dunha xogada onde Nando volve ser protagonista. Un minuto despois, de novo, Nando anota o seu segundo gol co 3-0 para o Burela FS e marcando certa vantaxe para o equipo local no descanso.

Na segunda parte o FC Barcelona B recorre ao porteiro-xogador para conseguir remontar o marcador mostrándose tenaces e insistentes, e nos últimos 5 minutos de xogo conseguen os 3 goles que lles dan o empate. Por parte de Marc Campas no minuto 35 comeza o sufrimiento para os aficionados do Burela FS, cun segundo gol de Rubén Sánchez no 37 e de novo Marc Campas no último segundo do encontro, sentenciando o 3-3 final.

Un empate que sabe a vitoria en Barcelona e a derrota en Burela, reparte 1 punto a cada equipo privando ao Burela FS dun ansiado segundo posto na clasificación, pero sabendo que aínda queda moita temporada e co ánimo reforzado para os próximos partidos, ambos importantes, que son a 4ª Eliminatoria da Copa do Rei este martes 15 contra o Valdepeñas e o do próximo sábado en Zaragoza.

Ficha Técnica:

CD Burela FS: M.Kaluza, Isma, Rikelme, Alberto Mirás, David Pazos, – cinco inicial- Lucho, Pitero, Nando, Antón, Eloy, Bruno.

FC Barcelona B: Albert Ortas, Rubén Sánchez, Aniol Vendrell, Marc Puigvert, Alex Lluch, – cinco inicial- Antoni Cerda, Adrián Tapias, Mamadou Siragassy Toure, Álvaro Muinelo, Nicolás Marrón, Marc Campas, Pau López.

Goles: Min.7 Nando 1-0; Min.11 Adrián Tapias 2-0; Min.12 Nando 3-0; Min.35 Marc Campas 3-1; Min.37 Rubén Sánchez 3-2; Min.40 Marc Campas 3-3.

Equipo Arbitral: Cristian Cubero García, Marcos Pérez Rodríguez, Luis Manuel Manso Martín, Inmaculada Silva Martínez.

Exit mobile version