Site icon Crónica3.com A Mariña

Lume nun edificio en Ribadeo

Ribadeo, 17 de novembro, 2022. Esta tarde, o 112 Galicia rexistrou un incendio nun piso dun edificio de seis andares situado na avenida de Asturias, en Ribadeo. O falso teito dunha das salas viríase abaixo por mor das altas temperaturas alcanzadas.

Varios particulares chamaron ao 112 para comunicar os feitos, pois saía abundante fume do interior do inmoble. Os axentes da Policía Local de Ribadeo evacuaron á única persoa que estaba no interior, que non resultou ferida.

A continuación, os Bombeiros de Barreiros controlaron e apagaron as lapas, que se propagaron por varios puntos do salón, caendo o falso teito, aínda que non chegaron a estenderse a outros puntos pola rápida actuación dos equipos de extinción. O resto do edificio non resultou danado. Tamén se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de xeito preventivo.

Exit mobile version