Site icon Crónica3.com A Mariña

Luras e compras, con descontos e Panchas, esta finde en Ribadeo

Ribadeo, 24 de novembro de 2022. Do 25 ao 27 de novembro celébranse en Ribadeo as Xornadas de Exaltación da Lura e o Black Friday, organizadas por Acisa. En total participan preto de 60 locais asociados.

Carmen Cruzado, presidenta de Acisa indicou que “chega unha fin de semana cargada de ofertas en Ribadeo. Dende a nosa asociación quixemos facer desta última fin de semana de novembro unha data especial para que a veciñanza se anime a saír da casa. Estes días Ribadeo ofreceralles os mellores descontos e promocións dos nosos comercios e as mellores propostas gastronómicas na nosa hostalaría”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou: “qué mellor plan para esta fin de semana que saír de traballar o venres e facer esas compras pendentes, e despois desfrutar dunhas cañas ou dunha cea co calamar como protagonista. Qué mellor que vir a pasar o sábado a Ribadeo, nun dia de compras nos mais de 30 comercios participantes neste Black Friday, xa sexa de moda, calzado, electrónica, regalo…. o que necesites o atoparás en Ribadeo. E ademais podes aproveitar para comer coa familia nun dos 20 establecementos participantes nas nosas xornadas da lura. Sen esquecernos de que Ribadeo abre as súas tendas o domingo pola maña e o noso Black Friday chega ata esa xornada”.

Cruzado Iglesias engadiu: “e se a todo isto lle sumamos que podemos empregar a campaña das Panchas tanto para facer as compras como para comer, cear ou tomar algo, nos máis de 100 negocios participantes, no que grazas ao Concello de Ribadeo, regálanche 10 Panchas por cada 30 euros de gasto… non se nos ocorre mellor plan e mais que dicir para que este fin de semana a xente se anime a vir a Ribadeo”.

Pérez Prada continúa: “desde mañá e ata o domingo en Ribadeo poderase desfrutar das xornadas de exaltación da lura nas que participan 20 establecementos de hostalaría, ofrecendo tapas, racións, pratos especiais. Hai variedade de arroces con calamar, bocadillos, croquetas, fabas con calamar, albóndigas, empanadillas,….. moitas propostas para saborear a lura, que encherán a hostalaría ribadense estes días. E no comercio nas mesmas datas e con motivo do BlackFriday atoparemos grandes descontos e promocións do 10 e ata o 70 % en diversas tendas de moda home, muller, xove, calzado, complementos … grades marcas con prezos super reducidos, 3×2, 2×1… descontos en decoración, en telefonía, en servizos informáticos, saúde dental, …”

O xerente de Acisa manifestou: “parécenos moi importante recordar que sen dúbida esta fin de semana é unha gran oportunidade para utilizar a campaña das Panchas ou o Bono Activa Comercio, xa que se aos grandes descontos que as tendas van aplicar lle sumas os cartos que o Concello che regala mais os descontos do Bono Activa Comercio, algunha compra podería chegar a estar cerca de ser un regalo. Polo tanto, parécenos esencial recordarllo aos veciños e veciñas de Ribadeo e de toda a contorna. E non esquezamos que as Panchas tamén se poden empregar na hostalaría”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, concluiu: “queremos agradecer de novo a colaboración da Deputacion de Lugo, concretamente da Area de Medio Rural e do Mar, que financiou a compra dos 250 kg de lura para estas xornadas cunha achega de 5.000 euros, grazas á que por primeira vez puidemos entregar de xeito gratuíto aos participantes en torno a 13 kg de calamar, a cada un, para as súas elaboracións nestas xornadas. E por suposto a todos os establecementos participantes tanto nas xornadas gastronómicas como no Black Friday, que se apuntaron para facer, estou segura, de Ribadeo un referente de ocio e compras nesta fin de semana”.

Os establecementos participantes no BlackFriday de 2022 son: Eomática, For Friends, La Moda Mujer, La Moda Básico, Siñeiro, Anaís, La Moda Sport-Dequip, La Moda Hombre, Beep, R23, Sendín, Ginzo Hombre Mujer, Mika, Sanjurjo, Esprit, Terra Branca, Grisi, Vitaldent, Mercería Torviso, Phonergy, Pepa Peineta, Menfer, Glass, Naná, Fauna, Bora Bora, Opticalia, Adele, Pequerrechos, La Coqueta, Pippol´s, Dándara, Farfala Kids, Del Río e Valentina.

Os locais participantes nas xornadas de exaltación da lura son: Bar Queimada, Galipizza, Bar Galicia, El Rincón del Gordo, La Quinta, A Horta de San Roque, Delicatés, O Indiano, La Solana, Rosalar, Cienfuegos, A Mirandilla, La Bugalla, Bar Portillo, Restaurante Javier Montero, O Alén, La Lira, San Miguel y Casa Domingo.

Exit mobile version