Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova acción formativa en Burela de alfabetización de adult@s para a aprendizaxe dos idiomas que se falan en Galicia

Burela, 30 de novembro de 2022. O Programa de Inmigrantes do Concello impartirá desde mañá unha nova acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas que se falan en Galicia, segundo deu a coñecer a concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben. Está destinada ás persoas estranxeiras e o seu obxectivo é contribuír ao seu bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral.

A edil burelesa explica que “o Programa de Inmigrantes da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración vai organizar de novo unha acción formativa de alfabetización de adultos/as para a aprendizaxe dos idiomas da nosa comunidade. Está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo e comezará mañá, 1 de decembro”.

Noelia Mª Ben indica que “con esta formación trátase de axudar a lograr unha adquisición lingüística favorable para o bo desenvolvemento tanto na vida social como laboral das persoas estranxeiras, xa que entendemos que o bo coñecemento e o bo uso do idioma é un dos motores principais para a integración integral”.

Para calquera dúbida as persoas interesadas poden solicitar máis información na Casa do Concello ou chamando ao 982 58 60 00 ou 982 58 06 09.

Exit mobile version