Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG anima a participar de forma masiva na mobilización deste domingo en defensa do servizo de pediatría de Viveiro

Míriam Bermúdez, voceira do BNG de Viveiro, incide en que “no centro de saúde de Viveiro faltan os dous profesionais de pediatría, os cales atenden a máis de 1.600 crianzas, e até principios de decembro o Sergas non da cita. É necesario rescatar a sanidade pública galega aumentando o orzamento de tal forma que se ofrezan contratos estables a máis médicos e garantir un servizo básico de calidade e proximidade.” Contra o desmantelamento do Partido Popular, domingo 20 de novembro ás 12h, no centro de saúde de Viveiro.

Exit mobile version