Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro propón mellorar as paradas de bus con postes informativos cos destinos, horarios e prezos

Viveiro, 24 de novembro, 2022. Viveiro conta con máis de 60 liñas de autobús que unen as 12 parroquias de forma continuada e diaria, así como tamén unen Viveiro co resto da Mariña e a Galiza e que, con información e coñecemento, chegaría a moita máis xente reducindo de forma directa o intenso tráfico que soporta Viveiro e as emisións, o que axudaría a vivir nun ambiente máis saudábel.

Excepto casos illados, as paradas de autobús de Viveiro non contan co máis mínimo letreiro indicador, nin de presenza nin de información cos destinos, horarios e prezos, e poucas son as que contan con marquesiñas para estarmos ao cuberto das diferentes condicións climatolóxicas. Estas últimas solicitadas reiteradamente polo BNG ano tras ano coincidindo co comezo da tempada escolar.

Polo exposto a voceira do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, solicitará ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes acordos:

. Colocar indicadores con información nas paradas con información dos destinos, horarios e prezos, comezando polas que teñan máis frecuencias de liñas.

. Gardar unha partida dos Orzamentos Municipais 2023, ou do próximo Plan Único da Deputación se fora necesario, para a instalación de marquesiñas nas paradas priorizando as de uso escolar.

Exit mobile version