Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS antepónse ante o CFS Bisontes de Castellón en Vista Alegre

Un CD Burela FS cheo de enerxía deféndese con comodidade na casa e lévase os 3 puntos para a clasificación

Burela, 5 de novembro, 2022. Esta tarde ás 20h00 no Pavillón Vista Alegre en Burela, tiña lugar o encontro entre o CD Burela FS e o CFS Bisontes Castellón, ata agora empatados a puntos na clasificación. Con 800 espectadores, acudiron ver o partido a Vista Alegre o Delegado de Deportes de Lugo, Manuel Cadramón, e o Teniente Alcalde de Burela, Ramiro Fernández.

Con claro dominio por parte do Burela FS durante todo o encontro, comeza o partido con oportunidades para o equipo local no mesmo minuto 1, outra no 2 y otra no 3, conseguindo o primeiro tanto do partido no minuto 15 cun gol de Alberto Miras. No minuto 18 o CFS Bisontes Castellón recurre ao porteiro xogador por primeira vez para continuar durante todo o partido utilizando esta estratexia e intentando exercer presión sobre un Burela moi centrado, con moi boa defensa e bo contraataque. Sabendo que ía a ser difícil gañar ao Burela FS na casa, o equipo valenciano tivo varias oportunidades de subir o seu marcador durante o encuentro, e con esperanzas de empate no descanso, tiveron que utilizar máis minutos dos que querrían a incorporación do porteiro xogador.

Durante todo o partido o Burela defendeu a súa portería, presidida polo polaco M.Kaluza que, como sempre, mostrou o seu temple y distinción con polo menos dúas paradas importantes, xogando cun xogador menos na insistencia do Castellón polo 5 para 4 intentando facer un tanto que nunca chegou.

Ficha Técnica:

CD Burela FS: M.Kaluza, Eloy, David Pazos, Isma, Pitero, – cinco inicial- Bruno, Nito, Lucho, Nando, Rikelme, Alberto, Antón Arnejo.

Marín Futsal: Marcos Ferreyra, Gambin, Lorca, Beto, Tintín, – cinco inicial- Malawy, Eric Castillo, Toni, Mauro, Rubén Ordóñez, Iván Bolos, Ramón Vargas, David Señoret.

Goles: Min.15 Alberto 1-0; Min.24 Pitero 2-0; Min.35 David Pazos 3-0; Min.37 Isma 4-0

Equipo Arbitral: Gael García Schmid, Jesús Montero Galán, Daniel López López, Eva López Seijas.

Exit mobile version