Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS suma 3 puntos nun partido difícil en Marín

Con moita madurez as xogadoras de Burela remontan con soltura nun dos derbis máis esperados en Galicia

Burela, 5 de novembro, 2022. Esta tarde ás 19h00 no Pavillón de A Raña de Marín, o CD Burela FS e o Marín Futsal protagonizaron un encontro que se presentaba moi emocionante nunha primeira parte na que o Marín se adianta no marcador cun gol de Ceci no minuto 12, atopándose notablemente cómodas ata o empate do Burela, a un minuto do descanso, con un gol de Peque que aportou certa tranquilidade ao equipo visitante. A pesar da presión exercida polo equipo local durante os primeiros 20 minutos as Guerreiras Laranxas mostráronse fortes e maduras nunha primeira parte espectacular.

Na segunda parte do encontro o equipo burelao, con calma e boa letra, moitas oportunidades e unha porteira rival “dura de pelar”, adiántase no marcador no minuto 30 (1-2) cun gol de Patricia. A partir de entonces o Marín Futsal perde algo de forza e o Burela FS anteponse de forma notablemente máis cómoda anotando 3 tantos nos últimos 10 minutos.

Nun partido con moitísimas ocasións para o CD Burela FS, no que o marcador puido ser máis abultado, as xogadoras do equipo laranxa souberon manter a calma ao atoparse co marcador en contra, encontrando o empate antes do descanso e podendo remontar con relativa facilidade nunha segunda parte claramente dominada polo Burela FS.

Ficha Técnica:

CD Burela FS: Caridad, Dany, Jenny, Irene Samper, Emilly, – cinco inicial- Cilene, Peque, Antía Pérez, Dasha, Patricia, Jozi Oliveira.

Marín Futsal: Silvia Aguete, Ale de Paz, Pau, Jessy, Ceci, – cinco inicial- Bea Mateos, Lara Balseiro, M. León, Adri, Lucía Paz, Nuria Rodríguez.

Goles: Min.12 Ceci 0-1; Min.19 Peque 1-1; Min.31 Patricia 1-2; Min.36 Emilly 1-3; Min.38 Peque 1-4; Min.39 Emilly 1-5.

Equipo Arbitral: Borja Moreira Bermúdez, Lidia Crespo Pardo, Jesús Miguens Magariños.

Incidencias: A xogadora 7 Gonzalez Mota, Patricia (Profesional Fútbol Sala Femenino) resultou lesionada por: Cabeza, nun lance do xogo, podendo finalizar o partido.

———————————————————–

Exit mobile version