Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS volve a brillar con 4 goles nun partidazo contra o A.D. Alcorcón FSF

Outra semana máis o equipo feminino do Burela FS gaña na casa nun bonito partido cheo de ocasións

Burela, 12 de novembro, 2022 . Esta mañá ás 11h30 no Pavillón Vista Alegre de Burela disputouse o encontro CD Burela FS – AD. Alcorcón FSF. Cun comezo de xogo do máis rompedor, o AD. Alcorcón recupera o saque inicial do Burela FS nos primeiros segundos do encontro e anota o seu primeiro tanto, creando unha tensión palpable durante todo o primeiro tempo. A pesar do susto, as xogadoras laranxas souberon adaptarse á situación, coa calma e madurez que as caracteriza, e revertir o marcador no minuto 4 cun gol de Peque e inmediatamente despois, no minuto 5, adiantándose con outro gol de Emilly que sella o resultado en 2-1 ata o descanso.

Na segunda parte mantense a tensión durante os primeros case 10 minutos e no minuto 29 Peque anota o seu segundo tanto do día poñendo o marcador 3-1 e obrigando ao equipo rival a readaptarse á presión exercida polas burelás. Xa no minuto 37 Emilly Marcondes sentencia o partido co seu tamén segundo tanto do día, anotando o 4º gol (4-1) que será o último do encontro. Destaca o bo xogo de Estela García do AD. Alcorcón FSF durante todo o partido.

Aínda que a superioridade do CD Burela FS se veu reflectida durante todo o xogo, ambos equipos estiveron moi acertados, serios e mostraron a súa ambición por conseguir os 3 puntos desta semana para a clasificación, aínda que a man dereita do Burela FS lles deu a victoria demostrando unha vez máis a calidade e superioridade do equipo.

Ficha Técnica:

CD Burela FS: Jozi, Cilene, Peque, Irene Samper, Antía, – cinco inicial- Dany, Claudia, Jenny, Emilly, Patricia, Caridad.

Marín Futsal: Aida de Miguel, Tania Benito, Laura Sánchez, Claudia López, Estela García, – cinco inicial- Iraia Arbeloa, Paula Llorente, Laura Oliva, Patricia Arruti, Nerea Moldes, Alba Fernández, Marta Nuño, Carmen Alonso.

Goles: Min.1 Laura Sánchez 0-1; Min.4 Peque 1-1; Min.5 Emilly 2-1; Min.29 Peque 3-1; Min.37 Emilly 4-1.

Equipo Arbitral: Borja Darriba Villamor, Daniel López López, Álvaro Darriba Rivas, Arcilio Dos Santos Mon.

Incidencias: No min. 35, Carmen Alonso Pérez foi expulsada por dobre amonestación.

Exit mobile version