Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS volve de Zaragoza con outros 3 puntos

O equipo laranja cumpre o seu sexto partido de Liga sen perder, oito sumando os dous últimos da Copa do Rei

Burela 19 de novembro, 2022. Esta tarde, ás 18.45 horas tivo lugar o encontro Full Energía Zaragoza – CD Burela FS no C.D.M. La Granja de Zaragoza. Nunha primeira parte bastante igualada e con poucas ocasións para os dous equipos, no inicio do partido o CD Burela FS ponse por diante no marcador cunha pegada exterior de Antón Arnejo no minuto 5. Posteriormente, no 16, cunha situación de segundo pau de Nando chega o 0-2 para o conxunto mariñán, que se mantén ata o descanso.

Na segunda metade comenza a tensión para o CD Burela FS, que sofre bastante a presión do equipo local, mantendo o tipo en grande parte grazas a un tremendo Michal Kaluza que salva ao equipo de tres situacións moi claras a favor dos zaragozanos, que podería haber dado a volta ao encontro. No minuto 29 Alejandro Pasamón consegue o gol do Colo Colo e intentando chegar ao empate recorre ao porteiro-xogador durante os últimos minutos, pero trais unha moi boa defensa do Burela FS chega o 3-1 de David Pazos a porta baleira.

Un encontro moi igualado cunha segunda parte máis sufirda para o Burela pero que soubo solventar cunha boa defensa e un moi bo porteiro, levándose os tres puntos á casa outra vez máis, acumulando enerxía de cada vitoria e demostrando os bos resultados dun bo traballo diario.

Ficha Técnica:

Full Energía Zaragoza: Óscar Chaparro, Fran Tabuenca, Muinesa, Jorge Tabuenca, Guille – cinco inicial- Juan Zardoya, Aitor Abenia, Alvarito, Adan Fonfria, Alejandro Pasamón, Shunta, Nano e Iván Romero.

CD Burela FS: M.Kaluza, Pitero, Isma, David Pazos, Eloy, – cinco inicial- Lucho, Nando, Rikelme, Alberto Mirás, Antón Arnejo e Bruno.

Goles: Min.5 Antón Arnejo 0-1; Min.16 Nando 0-2; Min.29 Alejandro Pasamón 1-2; Min.39 David Pazos 1-3.

Equipo Arbitral: Joel García Ribera, Xabier García Sánchez, Susana Paraíso Sopena, Eduardo Sierra Gimeno.

Exit mobile version