Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo organiza un curso de monit@r de actividades de tempo libre

Ribadeo, 17 de novembro de 2022. Do 17 ao 29 de novembro  estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que organiza o Concello de Ribadeo.

O curso, que dará comezo o 3 de decembro, terá una duración de 350 horas (200 horas lectivas + 150 horas de prácticas). A parte teórica impartirase durante os sábados e domingos. En horario de 9:00 a 14:00 e 15:00 a 20:00 horas.

As datas do curso son as seguintes: decembro (días 3, 4, 10, 11, 17 e 18); xaneiro (días14, 15, 21, 22, 28 e 29); febreiro (4, 5, 11 ,12, 25 e 26); e marzo (4 e 5 de marzo).

Desde a Concellaría de Mocidade, David Rivas, explicou que “para acadar o título de monitor/a de tempo libre é obrigatorio asistir ao curso podendo faltar como máximo o 20% das horas. O número de prazas é de 25. Para que o curso se leve a cabo será necesario contar cun mínimo de 15 prazas. As prazas cubriranse por orde de inscrición”.

O edil ribadense indicou que “o curso está destinado a rapaces e rapazas maiores de idade. Será obrigatorio estar en posesión de, polo menos, algún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou equivalente; ou técnico/a auxiliar en formación profesional ou outro equivalente”.

Para formalizar a inscrición será necesario presentar unha fotocopia do DNI, da cartilla da Seguridade Social, do xustificante de pago, unha foto recente, xustificante de estudos académicos e a ficha de inscrición. As solicitudes será entregadas, na Casa da Xuventude, sita na Rúa Antonio Otero, 15.

O prezo da actividade será de 150 euros. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao teléfono 982129889 ou dirixirse á Casa da Xuventude.

Exit mobile version