Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro ampliará a rede de saneamento e renovará o firme de varios camiños en Brieiro, na parroquia de Faro

Viveiro, 1 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro acometerá unha actuación para renovar o firme de varios camiños e ampliar a rede de saneamento no lugar de Brieiro, na parroquia de Faro.

Con estas obras vaise actuar sobre varios viais do lugar de Brieiro, concretamente no Camiño do Fultreiro, Camiño da Fatiga e Camiño do Cruz, mellorando a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

Por outra parte, hai unha actuación prevista para a ampliación da rede de saneamento dun tramo da subida de estrada de Faro a Brieiro, onde tamén se renovará o aglomerado, a sinalización vial e a rede de sumideiros deteriorados.

O orzamento destes traballos na parroquia de Faro ascende a 51.554,83 euros. Están incluídos no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo.

Exit mobile version