Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro ten realizado desde 2015 xestións de forma continua para conseguir a parcela do Casino, da que é titular Portos de Galicia

Viveiro, 19 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro realiza desde hai máis de sete anos xestións de forma continua para conseguir a cesión de uso definitivo da parcela do Casino, da que é titular Portos de Galicia.

O tema foi varias veces a pleno. De feito, a primeira proposta de cesión aprobouse por unanimidade nunha sesión plenaria celebrada no 2015.

O concello quixo restablecer en reiteradas ocasións as pistas deportivas e integrar a instalación no casco histórico de Viveiro, pero as súas demandas nunca foron atendidas ata agora por Portos de Galicia, un organismo da Xunta de Galicia.

A parcela está nunha zona de dominio público marítimo-terrestre, polo que o concello traballa tamén coa Demarcación de Costas para a súa reversión.

Para elo, a Xunta debe facilitar a reversión a Costas, ya que o espazo non ten ningún tipo de actividade portuaria, pero a única solución que ofrece Portos é unha cesión temporal ao concello sen realizar antes ningún tipo de arranxo na parcela.

“O concello é o primeiro interesado en poñer fin a esta situación, pero a titularidade é de Portos de Galicia”, lembra María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, que demanda “rigurosidade ao portavoz do PP, que neste caso sabe que todo está nas mans da Xunta”.

O concello amosa a súa preocupación e engade que tamén pediu en reiteradas ocasións a cesión para uso municipal do aparcodoiro do peirao, pero só obtén tamén cesións por un tempo limitado por parte da Xunta e Galicia, o que impide o acondicionamento da zona.

Exit mobile version