Site icon Crónica3.com A Mariña

O Museo da Cuchillería de Taramundi inicia unha nova etapa en colaboración con Tirolesa das Minas da Pontenova

As dúas empresas chegaron a un acordo de xestión para aumentar a oferta de actividades do Museo e promocionar turisticamente o patrimonio ligado ao ferro en ambos os municipios

Taramundi, 18 de novembro 2022. O Museo da Cuchillería de Taramundi reabre hoxe as súas portas cunha nova xestión a cargo da empresa Tirolina das Minas da Pontenova. Con esta decisión, Juan Carlos Quintana, fundador e propietario do Museo, busca dar un paso adiante na posta en valor do patrimonio do ferro que comparten estes dous municipios limítrofes: un en Asturias e outro en Galicia.

“Tirolina das Minas es una empresa con un proyecto muy interesante relacionado con la antigua explotación del mineral de hierro y creo que esta colaboración puede brindar un producto muy interesante a nivel comarcal”, sinala Quintana. A alianza permitirá ao Museo crecer de maneira sostible, aproveitando o patrimonio e os recursos do territorio, así como ofrecer novas actividades adaptadas á demanda dos visitantes.

Unha das ideas xa en marcha é a plantación dunha leira etnobotánica xunto ao Museo. Por outra banda, tal e como sinala Quintana, esta alianza permitiralle centrarse na produción de navallas e coitelos no taller para mellorar e ampliar modelos. “Ahora podremos dedicarnos más plenamente a nuevos proyectos como la recuperación de modelos antiguos”, incide.

Desde Tirolina ds Minas afrontan esta nova etapa como un reto ilusionante. O seu responsable, Celtia Travesas, sinala a importancia de poñer en común os recursos existentes na zona para darlles unha maior proxección turística. “Creo que es importante diseñar experiencias auténticas y de calidad a los visitantes, basadas en el respeto y el cariño hacia nuestra memoria, tradición y patrimonio, pero también incidiendo en la apuesta por un nuevo futuro productivo en nuestra zona”.

Unha das bases deste acordo de xestión é que ambas as empresas traballarán de xeito conxunto para poñer en marcha ideas e actividades novas.“Para mí, lo que hace muy especial al Museo de la Cuchillería de Taramundi, además de la propia figura de su fundador, Juan Carlos -que continúa el oficio desde hace siete generaciones-, es que su taller está al lado. Así que, como visitante, tienes la oportunidad de llegar a una aldea pequeña y bonita como es Pardiñas, sumergirte en el pasado, conocer cómo se hacía una navaja en una bodega antes de la llegada de la luz eléctrica, cómo era la vida antaño… Pero a la vez puedes ver una auténtica industria rural innovadora y en plena ebullición. Es innegable que eso tiene mucho encanto y esperamos poder transmitirlo de la mejor manera posible aprovechando esta oportunidad”, conclúe.

Exit mobile version