Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade programa diversos actos co gallo do 25 N

A Mariña, 7 de novembro, 2022. Co gallo da celebración do 25 Novembro, día internacional para erradicación da violencia contra as mulleres, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza as seguintes actividades:

Presentación de Rosa Cobo do seu libro “Pornografía. El placer del poder”

O 17 de novembro ás 20.30 na sala multiusos do Concello de Viveiro.

A feminista e académica Rosa Cobo achégase a Viveiro para relatar unha breve historia sobre as orixes da pornografía, ao tempo que pretende espertar conciencias e alertar sobre os efectos do seu consumo, así como sobre a súa efectividade á
hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino.

O seu libro ademais tamén aspira a visibilizar e advertir sobre a relación directa que existe entre pornografía e prostitución.

As librerías locais Porta da Vila e África Copias terán un punto de venta do libro no lugar do acto de presentación. O acto está organizado coa colaboración do Concello de Viveiro.

II Edicion do Festival Cine de Mulleres FILMU

O Observatorio da Mariña pola Igualdade xunto con Nomenklaturas Xestión Cultural organizan a segunda edición de FILMU, nesta ocasión na Mariña, co obxectivo de expandir un proxecto que busca promover o cinema e a súa historia dende a perspectiva de xénero.

Coa colaboración dos Concellos de Xove e Alfoz levaranse a cabo catro sesións, seguida cada unha dun coloquio aberto á participación de todas/os asistentes.

As películas seleccionadas para o festival son: Julia, de Fred Zinnemann; O secreto das avellas de Annabel Jankel e As guardianas, de Xavier Beauvois.

Os lugares, datas e horas de proxección serán os seguintes:

Xove:

Aula de Formación Concello de Xove

11- Novembro ás 19,30 h – JULIA

12- Novembro ás 19,30 h- O SECRETO DAS AVELLAS

Alfoz:

Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz

18 -Novembro ás 19,00 h – JULIA

20 – Novembro ás 19,00 h – AS GUARDIANAS

A entrada será de balde ata completar o aforo.

Exit mobile version