Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lamenta a negativa de Tomé a crear o Consello Provincial da Veciñanza

Os populares din que o goberno provincial sacouse onte a careta e deixou claro que a participación cidadá na gobernanza da Deputación non lle interesa nada, por máis que sempre fale dela en procesos electorais

Lugo, 30, novembro de 2022. Como en tantas outras frontes da xestión da Deputación, a realidade e o relato do goberno provincial seguen camiños moi diferentes. Este feito quedou de novo de manifesto na sesión plenaria celebrada pola corporación provincial o pasado martes. Ocorreu no debate do orzamento da institución para o próximo ano, pero foi aínda moito máis evidente no debate e votación da proposta defendida polo PP para a creación do Consello Provincial da Veciñanza, dentro da estrutura da propia Deputación, e como órgano necesario para dar participación verdadeira, real, ás asociacións de veciños. PSOE e BNG rexeitaron a creación do Consello. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Lamentablemente no día de onte vivimos un feito insólito na Deputación de Lugo diante da moción que presentou o Partido Popular para crear o Consello Provincial da Veciñanza. A iniciativa tiña por obxectivo o de intentar dar voz aos veciños dentro desta institución, mediante a creación dun órgano participativo que fixera xustiza ao movemento veciñal lucense, exemplo en toda Galicia e en todo o país”.

Castiñeira explica: “Membros do goberno provincial criticaron este movemento veciñal. Parece ser que só lles interesan os veciños que os votan e non os que representan á totalidade dos veciños, como é a Federación de Asociacións. Lamentamos moitísimo as palabras da vicepresidenta, non rexeitada polos seus socios do goberno, sinaladamente do presidente, José Tomé”. Engade: “PSOE e BNG son grupos políticos que nas eleccións ofrecen ás asociacións orzamentos participativos para tratar de convencelos para que os voten, pero despois cando se presenta unha moción para que eses veciños formen parte dun órgano participativo da Deputación, son os que votan non”.

Castiñeira sinala: “Lamentablemente este é o goberno que temos na Deputación de Lugo, para o que ou se está con el ou se está en contra. Neste caso parece que lles molestou que o PP se reunise coa Federación de Asociacións para saber cales son as súas inquedanzas e para levar ao pleno esta moción, que era importante de cara ao futuro desta provincia e que algo que pide a propia Comisión Europea”.

A participación cidadá na gobernanza é algo imparable, por máis que partidos como o PSOE ou o BNG intenten desvirtuala cando gobernan. En la Participación ciudadana en el ámbito local europeo, Ernesto Ganuza Fernández, polo Instituto de Estudios Sociales de Andalucía (CSIC), sinala: “(… ) la desconfianza hacia las instituciones políticas y públicas, (…) no apunta hacia las instituciones democráticas, sino hacia su forma de operar. Esto significa, como decía el informe de la OCDE (2001), incorporar los costes de la participación como costes naturales de la eficiencia, porque en realidad no se trata sólo de participar, sino crear las tramas institucionales necesarias para que sea posible la participación (…)”. “Nin máis nin menos pretendía o grupo provincial do PP coa moción para a creación do Consello Provincial da Veciñanza”, sinala Castiñeira.

O portavoz popular indica: “Como dixo nunha das súas intervencións noutros asuntos o deputado socialista Rivera, o goberno provincial sacouse onte a careta. Coa súa posición, deixou claro o que lle importa a participación no proceso de gobernanza: nada”.

Exit mobile version