Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vivemar comprometido coa educación e o seu coidado

171 alumnos dos centros educativos de Viveiro gozaron das extraordinarias vivencias do naturalista e explorador Nacho Dean no IES María Sarmiento e recolleron en 45 min 45 kgs de microplásticos na praia de Covas

Viveiro, 27 de novembro, 2022. 4 centros acudiron á cita deste venres organizada polo Vivemar:
CEIP SANTA RITA GALDO (36 alumnos 5º e 6° Primaria), CPR LANDRO (52 alumnos 4º,5º e 6º Primaria), IES MARÍA SARMIENTO (26 alumn@s de 2º ESO A) CEIP COVAS (57 alumnos 4º,5º e 6º Primaria).

En primeiro lugar, no salón de actos do instituto coñeceron a historia do explorador e naturalista Nacho Dean que está a realizar a expedición La España Azul. Captou rápidamente a atención do auditorio, algo que sen dúbida quedou evidente no momento de realizarlle as múltiples preguntas que tiñan para él.

E a continuación tivo lugar na praia de Covas a limpeza colectiva. Recolleron 45 kgs en apenas 45 min. Case tódolos residuos eran microplásticos. Ao rematar a limpeza foi o propio Nacho, acompañado da equipa de Educación Azul quen explicaron como categorizar os diferentes tipos de lixo recollido.

O sábado foi momento para o viveirense Suso Martínez, quen guiou unha visita para compartir as historias románticas arredor do mar en Viveiro.

E remata a edición 2022 ás 12:30h coa presentación do libro “Tarrafas, Un Arte” de Andrés Díaz Ferro, presentado por Jesús Fernández, tenente alcalde e concelleiro do mar do Concello de Viveiro.Será na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.Clausurando o Vivemar, cantando Catro vellos mariñeiros

Exit mobile version