Site icon Crónica3.com A Mariña

Remata o Mes do Teatro en Alfoz coa actuación de Ollomao

Este sábado 26 de Novembro, ás 20:30 h, na Casa da Cultura, dentro do circuito de teatro afecionado Ciclo “Gargalladas” da Área de Cultura da Deputación Provincial Lugo, terá lugar a representación teatral a Comedia “O documento”, dirixida a todolos públicos. O fío condutor da mesma, é o achádego de Manueliño dunha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos ciumes non atopa outra saída que non sexa o suicidio. Para iso buscará mil maneiras de conseguir o seu fin, pero o incesante ir e vir do resto dos personaxes farán que os seus intentos se volvan infrutuosos.

Exit mobile version