O voceiro, Manuel Rouco, explica que “son 48 edificación as que se atopan en risco entre as que se atopa o complexo deportivo da Marosa ou a Edar”
Os populares cren necesario que o goberno local lle explique aos bureleses se está a defender os seus intereses ou non. De feito, consideran que os seus feitos demostran un “compromiso nulo cos bureleses” ao “non asistir ningún representante do goberno do señor Llano á reunión convocada pola consellería de Medio Ambiente o mes pasado en Lugo para poñer puntos en común de cara á nova lei de ordenación do litoral de Galicia coa que a Xunta pretende acadar o autogoberno nesta materia”.
O voceiro, Manuel Rouco, cre que “pouco ou nada lle interesa a situación dos afectados, o plantexamento sobre as competencias do litoral ou o mantemento da actividade no complexo deportivo da Marosa; xa que unha parte si se ve afectada ao asentarse en terreos de dominio público marítimo-terrestre”.
EDAR
Outra instalación pública afectada é a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Burela; aínda que “o goberno do señor Llano non parece estar moi interesado en executar esta obra”.
Así o consideran dende o PP local tendo en conta que “o goberno local socialista non remitiu aínda a documentación requirida dende fai máis de seis meses para que a Xunta poda avanzar na mellora do sistema de saneamento, a actuación do novo colector”.