Site icon Crónica3.com A Mariña

Slipknot, Pantera e Ghost, cabezas de cartel do Resu 2023

Viveiro, 30 de novembro, 2022. Resurrection Fest Estrela Galicia confirma a tres das súas cabezas de cartel para a súa edición de 2023: Slipknot, Pantera e Ghost, xunto a máis de 80 bandas. Slipknot, a banda liderada por Corey Taylor presentarán no noso país o seu novo disco “The End, So Far”, en exclusiva en todo 2023 en España tras 4 anos sen visitar a Península Ibérica.

A xira de reunión máis esperada da historia do metal, a da americanos Pantera, visitará España en Viveiro. Un dos concertos máis esperados para todos os fans do rock e do metal en todo o mundo será un dos grandes atractivos de Resurrection Fest Estrela Galicia. Unha oportunidade única e irrepetible para ver a Phil Anselmo, Rex Brown, Zakk Wylde e Charlie Benante quen descargará o seu repertorio cheos de himnos da Historia do metal no noso Main Stage.

Os suecos Ghost serán outro dos grandes atractivos da nosa edición máis ambiciosa ata a data. O grupo liderado por Tobias Forge presentarán o seu incrible espectáculo para festivais en Resurrection Fest Estrela Galicia en 2023, traendo ademais debaixo do brazo “Impera”, co que alcanzaron o número uno nas listas de vendas do noso país.

Papa Roach é outro dos grandes nomes míticos que se confirman no cartel de Resurrection Fest Estrela Galicia 2023. Unha das bandas de rock con máis tirón a nivel público desde hai décadas visitarán Viveiro por primeira vez na Historia do Festival. Os ingleses Architects volverán ser un dos grandes atractivos do Main Stage do Festival en 2023. Nas retinas dos nosos fans aínda está gravada a súa incrible actuación de 2017. Alter Bridge e Powerwolf serán outros dos grandes nomes que actuarán en Resurrection Fest Estrela Galicia 2023.

Behemoth, The Ghost Inside, Fever 333, Motionless In White e Lacuna Coil completan os grupos do Main Stage confirmados polo Festival na mañá de hoxe.

Meshuggah, Amaranthe, Carpathian Forest e Pertubator son outros grandes nomes presentes en Resurrection Fest Estrela Galicia 2023, catro bandas, das moitísimas, que serán das grandísimas atraccións no segundo escenario entre os próximos 28 de xuño e 1 de xullo. Xunto a eles, entre moitos outros, tamén se confirmaron a Belphegor, Blind Channel, Sleep Token ou Vendede entre moitos outros.

Grandes nomes moi queridos polo Festival e polo seu público como son Hatebreed, Desakato (na súa xira de despedida) The Baboon Show, Madball ou Black Flag (a banda iniciadora do hardcore a nivel mundial) poñerán as notas máis hardcore punk de Resurrection Fest Estrela Galicia 2023. Outras bandas nesta linea confirmadas son H2Ou, Rise Of The Northstar ou Employed To Serve. En total unha programación de decenas de bandas nesta liña estilística que tanto fai gozar aos centos de miles de persoas que se pasan polo recinto do Festival cada ano.

Outro ano máis, o Desert Stage colle forza dentro do Festival e é que por el pasaranse artistas xa confirmados de primeira liña nas súas respectivas escenas musicais. Os belgas Amenra, os franceses Alcest, os alemáns Kadavar, os americanos Coven ou o xaponeses Mono son tan só cinco dos nomes xa anunciados para este escenario. Outros grandes nomes serán Lucifer, The Inspector Cluzo ou Brutus entre moitos outros.

Como hai unhas semanas xa se anunciou, Resurrection Fest Estrela Galicia 2023 será unha edición moi especial para o gran festival do rock e do metal do noso país. Será a primeira vez na súa historia que o festival se desenvolverá de maneira completa durante catro días, con concertos nos catro escenarios desde o próximo 28 de xuño ao 1 de xullo.

A décimo oitava edición de Resurrection Fest Estrela Galicia será a súa edición máis multitudinaria ata a data e con máis artistas internacionais anunciados que nunca, 50 dos cales nunca actuaron no festival aínda. Unha cita ineludible para todos os fans do rock, o punk, o hardcore e o metal. Viveiro volverá ser unha das capitais destes estilos a nivel mundial, atraendo por centos de miles de persoas ao recinto desde decenas de diferentes países de todo o mundo. Catro días completos de festival e 100 bandas. Os mellores días do ano para todo o seu público volven ser en Viveiro, en Resurrection Fest Estrela Galicia. Todo iso no recinto máis amplo e tematizado da historia do festival.

Resurrection Fest Estrela Galicia conta co apoio activo da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro.

Resurrection Fest Estrela Galicia 2023 contará de novo con Estrela Galicia como principal patrocinador privado. Estrela Galicia leva colaborando co festival desde a súa primeira edición sendo xa, como marca galega, parte da experiencia do mesmo. Apuetsa pola cultura de cerevza e o impacto positivo como eixos diferenciadores dentro do festival con activacións como “a cervexaría do resu” onde se ofrece ao asistente unha variada carta de referencias e distintas inciativas destinadas a xerar impacto positivo no evento, non só a nivel de economía circular e descarbonización senón tamén para o coidado das persoas e a protección da orixe.

As entradas poñeranse á venda mañá, xoves 1 de decembro ás 14h en www.resurrectionfest.es. Resurrection Fest Estrela Galicia somos entidade adherida ao “Bono Cultural Mozo” do Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España, así que se es beneficiario desta axuda, podes trocala en abonos / entradas para o festival.

Exit mobile version