Site icon Crónica3.com A Mariña

Un operario perdeu a vida ao quedar atrapado despois de producirse unha barrancada nunha canteira na Fonsagrada

A Fonsagrada, 21 de novembro, 2022. O operario quedou debaixo da masa de pedras que, ao desprenderse, provocou tamén a caída sobre o lugar onde se atopaba o home dunha cinta transportadora.

Ata o lugar dos feitos, en Vilarín de Riba, acudiron os Bombeiros de Sarria que, nestes momentos, tratan de liberar por completo ao operario. Trátase dun complicado rescate debido á gran cantidade de terra que teñen que mover. Pola súa banda, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do home.

Tamén se desprazaron á canteira os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada, tras ser alertados polo 112 Galicia, que recibiu a alerta do accidente laboral a través dunha persoa particular ás 12:30 horas.

Exit mobile version