Site icon Crónica3.com A Mariña

Verxeles reclama ao Goberno Municipal o cumprimento da mocion aprobada do BNG

Viveiro, 6 de novembro, 2022. As xuntanzas que programa o BNG nas diferentes parroquias do concello baixo o lema “cóntallo ti”, facilitan á veciñanza o encontro en persoa cos membros da formación nacionalista e a súa portavoz, Míriam Bermúdez. Nesta ocasión, a veciñanza de Verxeles que acudeu ao “Contallo ti” en Xunqueira, reclamou a mellora dunha vez por todas da zona de Verxeles.

Hai xa dous anos, en novembro de 2020, o BNG rexistraba unha moción en pleno para cambiar a situación de abandono e desastre urbanístico na que se atopa a zona de Verxeles, que suma abandono e falta de planificación nas poucas actuacións que aqui se levaron a cabo, traendo como resultado un lamentábel e perigoso estado das beirarúas, esvaradías e totalmente irregulares en anchura e desnivel. Varios veciños asistentes afirmaron que “en Verxeles é complicado até andar, producíndoses numerosas caídas e accidentes, tamén para entrar aos garaxes os coches rascan defensas e baixos”.

Míriam Bermúdez non puido máis que confirmar as palabras da veciñanza e asegura “que se quedaron cortos, con beirarúas sen continuidade e aparcamentos co asfalto levantado, a terra ou ser ordenar nin pintar”. Tamén destacou a “baixa visibilidade que teñen os vehículos cunhas entradas e saídas que non se colle en ambas direccións, sen visibilidade e que provocan encontros repentinos e inesperados.”

“Faise necesario estudar a posibilidade de establecer como sentido único o remate da Travesía Verxeles á súa saída pola Carnizaría Xunqueira, onde se une coa Avenida Xunqueira, pois o remate deste vial é estreito non permitindo o encontro de dous vehículos”, afirma Míriam Bermúdez, así como tamén “a esta situación hai que sumar o descontento da veciñanza pola ubicación dos colectores do lixo, ao lado da fonte de Xunqueira e os bancos, nos que se reúnen as persoas tendo que aguantar malos olores ademais da contaminación visual que provocan.

Polo exposto solicitamos:

. Se informe se se ten feito o estudo para rehabilitar a zona de Verxeles así como a búsqueda de fondos.

. Se cambien de ubicación os colectores do lixo da fonte de Xunqueira.

. Se estude a posibilidade de establecer como sentido único, entrada ou saída, a Travesía Verxeles.

Exit mobile version