Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de divulgación da Historia local do Vicedo este sábado

O Vicedo, 17 de novembro, 2022. O vindeiro sábado, día 19, no Teleclub de Cabanas, terá lugar unha xornada de divulgación da Historia local.

As actividades comezarán con unha conferencia do profesor de Historia e Xeografía José Francisco Correa Arias, quen leva anos investigando sobre a nobreza medieval galega. Ten publicados moitos artigos en revistas de ambito local e comarcal como Cátedra, revista Eumesa de Estudos da que é cofundador.

É autor do libro “Fernán Perez de Andrade o boo, mentalidade e realidade social”, publicado pola editorial Toxosoutos no 2004 co que gaña o premio de Investigación Medieval de Galiza neste mesmo ano.

Entre otras cousas contará as andanzas de Fernán Pérez de Andrade o Boo por terras do Bispado de Mondoñedo, e como se decide a levantar as tres igrexas do Sor (S. Pantaleón de Cabanas, Sta. María de Cabanas e S. Pablo de Riobarba)

COÑECEMENTO DA HISTORIA A TRAVÉS DA REPRESENTACIÓN TEATRAL

Despois da conferencia no teleclub, os participantes farán unha visita e unha ofrenda teatralizada ao “Porco de pedra”, que leva sete séculos no lousado marcando que a igrexa foi obra dos Andrade.

Pechará a ofrenda Lucho Penabade, da Compañía de teatro Os Quinquilláns escenificando “O PORCO E O CABALEIRO”.

Para rematar a xornada, ás 19:00h no Teleclub actuará o magnífico Home orquestra “Cé orquestra Pantasma”.

Todas estas actividades serán gratuitas e están organizadas pola
Asoc. Cultural Volta e Dálle, coa colaboración da Asoc. de veciñ@s de Cabanas e contan co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Exit mobile version