Site icon Crónica3.com A Mariña

10º Trofeo Nadal Prebenxamín de Fútbol Sala de Imdecum

Burela, 15 de deembro, 2022. Para non perder as boas costumes e rematar o ano con bo pé, volve no seu 10º Aniversario o Trofeo Nadal Prebenxamín de Fútbol Sala da Fundación Imdecum. Trátase dun torneo participativo que se celebrará o día 22 de decembro ás 17.00 horas nos Pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo de Burela e participarán 8 equipos prebenxamíns de 4 clubs da Mariña Lucense. Estes catro clubs son AD Río Ouro, Escolas Deportivas Celeiro-Xove, Escola Cabreiroá Burela FS e AD Santiago de Foz.

Con este evento Imdecum espera incentivar o deporte comarcal, máis concretamente o fútbol sala de base, así coma promover actividades sociais e educativas na Mariña. Todos os participantes do Torneo recibirán unha medalla como recoñecemento pola súa participación, despois de desfrutar dunha tarde de fútbol sala entre amigos e amigas.

Esta mañá do xoves 15 presentouse o torneo no Pabillón Vista Alegre da man de Marcelino Luna e Alfonso Mera.

Exit mobile version