Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asamblea dos socialistas de Foz pide a Fran Cajoto que repita como candidato a alcaldía

Foz, 3 de decembro, 2022. A asamblea ordinaria da Agrupación Socialista de Foz do pasado venres solicitou unánimemente ao actual alcalde Francisco Cajoto que repita como cabeza de lista socialista nas próximas eleccións municipais.

O actual alcalde, que é ademais secretario xeral da agrupación socialista local, agradece a confianza e o apoio que xurdiu no turno de rogos e preguntas. “Aos socialistas defínenos o compromiso coa xente. As políticas do Partido Popular conxelaran salarios e pensións, pero o actual gobermo mira polas persoas e España está a ser referencia en Europa. Ese compromiso coas persoas, con veciñas e veciños, é o que aplicamos día a día en Foz e o que me anima firmemente a repetir como candidato, a pelexar por sacar adiante proxectos xa iniciados e outros que resultarán fundamentais para o noso Concello. Desde a maior das humildades, é emocionante ver como os compañeiros do partido cren no proxecto e no traballo que estamos a facer: é froito do esforzo dos compañeiros concelleiros e de todos eles, que nos axudan día a día. Foz é a nosa gran ilusión”

Exit mobile version