Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, en colaboración co Concello, organiza o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal

Viveiro, 9 de decembro, 2022. A Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, en colaboración co Concello, organiza o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal que xurde có obxecto de incentivar a participación cidadá e empresarial nunha dobre vertente; por unha parte, favorecer a creatividade na decoración dos inmobles particulares e, por outra, contribuír á promoción das compras nos negocios locais.

Poderán participar tódolos veciños e tódolos establecementos comerciais e de servizos que decoren a súa fachada, balcón, escaparate ou interior do local.
Un xurado composto por membros da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, da Corporación Municipal e por profesionais do sector da decoración valorará a creación artística, a orixinalidade, a iluminación e os materiais utilizados.

O Xurado visitará e valorará os balcóns, fachadas e establecementos participantes antes do 30/12/22, día no que se dará a coñecer o nome dos/as gañadores/as.

Cada interesado en participar deberá inscribirse na oficina do CCHV antes do 23 de decembro ás 14 horas, ou por teléfono no 982550707, por whatsApp no 650506717 ou por mail en info@viveirocentro.com, cós seguintes datos: Nome e apelidos do participante, Teléfono e Dirección exacta do inmoble, ben sexa vivenda particular ou negocio, que se presenta a concurso

As categorías e premios serán:

CATEGORÍA VECIÑOS:
– 1º Premio ó mellor balcón ou fachada navideña 150€
– 2º premio 100€
– 3º premio 50€
CATEGORÍA COMERCIOS:
– Premio ó mellor Balcón ou fachada navideña 100€
– Premio ó mellor escaparate e interior do establecemento 100€
– Premio á mellor decoración de local de hostalaría 100€

“O concello de Viveiro apoia esta iniciativa que será un aliciente máis para Vir á nosa Vila nestas datas tan especiáis” indica Lara Fernandez Fernandez-Noriega, Concelleira de Cultura, “que destaca que “O comercio de Viveiro supérase cada ano na decoración dos seus establecementos e son moitos os veciños e veciñas que cada ano miman as súas fachadas en fan que está época do año sexa especialmente fermosa. Grazas ó centro comercial histórico por promover esta iniciativa aberta a todo ó comercio local”.

Exit mobile version