Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Esperanza doará 3.000€ a entidades vencelladas coa loita contra o cancro

Burela, 10 de decembro de 2022. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro fará donación nas vindeiras semanas dun total de 3.000euros a tres entidades vencelladas coa investigación contra o cancro e de apoio ás familias con nenos e nenas afectados pola enfermidade, en recoñecemento ao seu traballo na prevención, diagnose, tratamento e recuperación das persoas e familias afectadas polo cancro.

Esta decisión fora tomada pola asamblea de asociados de Esperanza celebrada no pasado febreiro, ainda que non foran fixadas as contías á agarda de saber con que diñeiro se podía contar. As entidades que recibirán a aportación de Esperanza son a Fundación Centro Oncológico de Galicia José Antonio Quiroga Piñeiro, a Asociación Somos Unidos por el cáncer de Lugo, e ao laboratorio de nanoproteómica do HULA. A cada unha das entidades donaráselles 1.000euros.

FUNDACIÓN CENTRO ONCOLÓGICO DE GALICIA JOSÉ ANTONIO QUIROGA PIÑEIRO (HOSPITAL LABACA)

O Centro Oncolóxico de Galicia, tamén coñecido como Hospital Labaca, é un referente na loita contra o cancro na nosa comunidade autónoma. Durante anos foi, xunto co hospital de Santiago e Povisa de Vigo, o único que tivo unha unidade de cobalto60, e tamén foi centro de referencia para o tratamento con radioterapia. Moitos asociados de Esperanza e moitos enfermos de cancro en xeral teñen recibido tratamento no Centro Oncolóxico de Galicia. Na actualidade, o COG segue a ser punteiro en investigación tanto como centro como dos seus profesionais a título individual e colaborando con outras institucións en materia de oncoloxía médica, farmacoxenética, etc.

SOMOS UNIDOS POR EL CANCER DE LUGO

Este colectivo acolle a pais e nais de nenos e nenas afectadas polo cancro. Desenvolve unha destacada tarefa de asesoramento de todo tipo a estas familias para tentar afrontar o proceso de diagnose, tratamento e recuperación da poboación infantil afectada, e desde Esperanza entendemos que todo aquelo que teña que ver coa oconoloxía pediátrica é merecedora da nosa máis humilde e sincera consideración. Mesmo dispón dun piso en Lugo para aloxamento de persoas enfermas mentres dure un tratamento. Somos Unidos por el cáncer de Lugo colabora de xeito moi importante coa Asociación Esperanza.

LABORATORIO DE NANOPROTEÓMICA DO HULA

O laboratorio de Nanoproteómica do HULA, posto en funcionanamento en 2018, está a desenvolver diversas investigacións, como a búsqueda de novos biomarcadores no soro sanguíneo para a detección do cancro de mama ou a biopsia líquida. Dende Esperanza somos conscientes de que as axudas que aportamos son pequenas contías, mais entendemos que toda axuda é pouca para a loita contra o cancro. E ese é o noso obxectivo, a recaudación de fondos para donar e apoiar a aquelas entidades ou colectivos que están a desenvolver proxectos para tentar paliar os efectos desta enfermidade que a todos e a todas nos pode afectar, directa ou indirectamente, en calquera momento das nosas vidas.

Amais de cumplir a vontade da asamblea de asociados de Esperanza,a asociación, con estas pequenas aportacións que se farán nas vindeiras semanas, quere agradecer e recoñecer o traballo que están a facer estas institucions da nosa Comunidade a favor de mellorar a calidade de vida do paciente oncolóxico.

Exit mobile version