Site icon Crónica3.com A Mariña

A Garda Civil auxilia na N-642, en Foz, a unha persoa que facía o Camiño Norte en cadeira de rodas

Foz, 20 de decembro, 2022. A Garda Civil auxiliou á altura do PK 31,000 da N-642, a unha persoa que circulaba en cadeira de rodas mecánica pola beiravía, sen ningún tipo de asistencia, utilizando soamente un chaleco reflector e luces de posición estáticas.

Ante o evidente risco que existía para a mesma, dadss entre outras circunstancias, o forte vento reinante (situación de aviso laranxa) o estreito da beiravía, a escaseza de luz e o fluxo continuo de vehículos, os axentes sinalizaron a zona cos prioritarios do coche policial e regularon o tráfico mentres a persoa en cadeira de rodas seguía circulando.

Cando por fin atopábase nun lugar seguro, a persoa auxiliada relátalles que desde hai uns dous meses viña facendo na cadeira de rodas o Camiño do Norte de Santiago desde a localidade francesa de Saint-Jean-Pied-de-Port e que por erro un tren deixáraa na localidade de Foz, querendo chegar ao próximo albergue en Lourenzá.

Tendo en conta os perigos aludidos, os Axentes recoméndanlle que non siga facendo por si soa o traxecto, ofrecéndose a acompañala ao seu destino, distante de alí uns 15 kms, en moitos dos cales a vía empeora xa que carece tanto de beiravía como de iluminación.

Tras varios intentos para convencela, xa que dicía asumir o traxecto como un reto, finalmente accedeu a que a acompañaran ata o seu destino.

Á chegada ao albergue de Lourenzá, a peregrina agradeceu en reiteradas ocasións o labor da Garda Civil en xeral e dos axentes en particular pola axuda prestada.

Exit mobile version