Site icon Crónica3.com A Mariña

A intensidade do vento provoca a caída dunha árbore sobre dous vehículos sen causar danos persoais en Burela

Burela, 18 Decembro de 2022. O vento que desde primeiras horas desta mañá xa se deixa sentir en boa parte do litoral costeiro provocou a caída dunha árbore sobre dous coches en Burela. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

Sucedeu sobre as dez e media desta mañá. A esa hora, unha persoa particular daba aviso ao 112 Galicia de que unha árbore caera sobre o seu coche que estaba estacionado na rúa Nosa Señora do Carmen, á altura do número 2, en Burela. Aseguraba que non había persoas feridas pero si que había algo de atasco na circulación.

Ata o lugar acudiron nada máis recibir o aviso por parte do 112 Galicia, a Garda Civil, os Bombeiros de Barreiros e os membros do GES de Cervo e de Protección Civil de Burela.

Así, unha vez no punto, os axentes da Garda Civil comunicaron ao 112 Galicia que se trataba dunha árbore de grandes dimensións e que afectou a dous turismos.

Exit mobile version