Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades de Nadal da Asociación de Veciños de S. Vicente de Lagoa-Alfoz

Alfoz, 9 de decembro, 2022. O domingo 18 de decembro ás 16:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, terá lugar a representación “A Apalpadora” de Velaisca. A actuación forma parte da Programación de Nadal da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a quen queren agradecer a oportunidade de desfrutar deste espectáculo infantil. A entrada é libre e de balde.

Sinopse: Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora!. A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas maravillosas lendas para transmitir valores como o respecto polo monte, o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible.

Ademais haberá a posibilidade de agasallar cun conto ou cun cancioneiro da Apalpadora para encher de cor e natureza os fogares!”

Os días 26 e 27 de decembro, organizaranse na Escola da Pinguela de Lagoa, as Tardes de Nadal para nenas e nenos de 3 a 12 anos, desde as 16:00h ata as 19:00h nas que se inclúen distintas propostas: manualidades, xogos, tradicións de Nadal e merenda.

Exit mobile version