Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Riveira repite como candidato á alcaldía de Xermade polo Partido Popular

O coordinador xeral do PP, José Manuel Balseiro, lembrou que os populares xa estiveron gobernando moitos anos e “aspiramos a recuperar a alcaldía” para ofrecer unha alternativa real aos veciños de cara as vindeiras elección municipais

Xermade, 18 de decembro de 2022. Antonio Riveira foi presentado polo PP como candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. A presentación tivo lugar entre afiliados e simpatizantes nun acto celebrado no que tamén participaron membros da dirección provincial, entre eles o coordinador xeral, José Manuel Balseiro Orol.

Desde a dirección provincial confían a volver a recuperar a alcaldía, pois os populares xa estiveron máis de 20 anos ao fronte do goberno local de Xermade. O coordinador xeral do PP, José Manuel Balseiro, indica que “confiamos no proxecto de Antonio para aspirar a gobernar e recuperar un goberno que ten maioría absoluta por menos de 100 votos”.

O presidente local do PP de Xermade, enxeñeiro agrícola de profesión, encabezará por segunda vez a lista dos populares no municipio. Riveira xa formou parte do equipo de goberno durante 12 anos nos que liderou a concellería de obras e exerceu como voceiro municipal. Por iso, os xermadeses son coñecedores da súa actividade, tanto a nivel profesional como político, e da súa humildade e a súa experiencia de xestión para ofrecer unha alternativa de goberno de cara as vindeiras eleccións municipais.

O alcaldable destaca que o Concello está esmorecéndose día a día ante a incompetencia do goberno local, e polo tanto, cre que é importante ofrecer aos veciños alternativas reais e serias. “Estar máis afeitos a traballar que a mostrase”, di Riveira.

Un dos obxectivos do candidato popular é buscar solucións rápidas e efectivas aos veciños. “Sinto a necesidade de axilizar os trámites municipais para axudar aos nosos veciños e empresas. Necesitamos crear ilusión por vivir e vir a Xermade, temos un concello con potencial en diferentes eidos” explica o presidente do PP local. Pero tamén engade que a “administración municipal debe estar ao servizo dos veciños e contribuír na difusión e posta en coñecemento sobre as axudas doutras administracións en distintas materias nas que se poden beneficiar.

Neste sentido, Riveira explica a necesidade de garantir os servizos mínimos do Concello nas súas distintas competencias. Con respecto a isto, o candidato refírese ao saneamento ou acondicionamento de camiños municipais pois “de exemplo temos a renovación das estacións depuradoras, que co Partido popular, se renovaban unha cada dous anos, e por contra, o actual alcalde non lle deu importancia no seu mandato e agora vemos como en oito anos aínda non deron feito unha depuradora en Momán, onde fan vertidos directos ao río, só unha pequena fosa no núcleo de O Empalme, que levan doce anos vendendo, coa axuda da Deputación”.

En relación ao sector primario, o principal motor económico da maioría de familias en Xermade, o candidato do PP cre necesario a recuperación de terreos abandonados para mellorar as gandarías, evitar incendios e controlar a propagación desproporcionada de especies de animais invasoras do hábitat e dos cultivos. Ademais, desde o grupo popular urxen na conservación, mellora e acondicionamento dunha rede de camiños o suficientemente densa.

Por último, Riveira non quixo esquecerse do patrimonio arquitectónico, natural e cultural do municipio. “Temos que estar orgullosos do noso e da nosa historia. Imos impulsa potenciais turísticos e culturais”, manifesta. Así, propón a creación dun museo de etnografía e antropoloxía en Xermade que sexa un referente e un reclamo para visitar o municipio. Lamenta a perda de axudas do goberno socialista nos campos de traballo internacionais que se facían na casa da Naveira que era un pulo para o Concello.

FALTA DE ATENCIÓN DA DEPUTACIÓN CON XERMADE

O alcaldable explica que “queremos mellorar as axuda no fogar e as persoas maiores para atender aos veciños e veciñas nas súas urxencias”. Neste sentido, o popular lembrou “o incremento da aportación da Xunta que permite aumentar o servizo” e puxo en valor “o traballo do PP e Elena Candia á fronte do Goberno da Deputación que, durante tres meses, foi capaz de sentar as bases para un cambio de políticas sociais que contribuíron a incrementar as axudas dirixidas a quen máis o necesita”.

Por outra banda, o popular explica que a Deputación de Lugoso aportaba 15.000 euros para financiar o Plan Provincial de Obras e Servicios (POS). “Tivo que vir Elena Candia e o grupo popular da Deputación para reclamar que o Plan Único trate a todos os Concellos con un mínimo de igualdade. Agora Xermade recibe un mínimo de 300.000 euros para os distintos apartados dos Orzamentos municipais” indica.

Exit mobile version