Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias di que a alcaldesa de Trabada “está instalada na polémica”

O delegado territorial en Lugo afirma que non só “se apropia dos investimentos da Xunta” senón que ademais reprende aos representantes do Goberno galego por visitar o municipio

Lugo, 17 de decembro de 2022.- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, considera que a alcaldesa de Trabada está instalada na polémica e, en lugar de agradecer a colaboración e as axudas da Xunta, o que fai é apropiarse dos investimentos autonómicos e reprender aos representantes do Goberno galego por visitar o municipio.

Ante a enésima controversia provocada por Mayra García, que converte nun asunto político o que non é senón un problema de axendas, a Delegación Territorial subliña que tanto ela como o alcalde de Ribadeo foron invitados á visita do delegado territorial para comprobar a actuación executada nunha pista entre as parroquias de Valboa e Cedofeita; estaba promovida polos concellos e a Xunta asumiu o 70% do orzamento.

Neste sentido subliñou que neste dobre xogo da alcaldesa, tanto para a presentación como para o remate da obra, os dous alcaldes foron a visitar a zona sen invitar a ningún representante da Xunta.

Pero é que tamén esta mesma semana a alcaldesa de Trabada presentou as novas pistas multideporte, financiadas con 70.870 euros pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e tampouco avisou a ningún representante da Xunta.

Por tanto Arias insta á alcaldesa a abandonar esa actitude belixerante, sobre todo porque a Xunta é a administración que máis inviste en Trabada e a anima a buscar novos proxectos comúns en beneficio dos veciños.

Exit mobile version