Site icon Crónica3.com A Mariña

Betty Singh presenta o seu novo disco “Mis Recuerdos” este venres en Ribadeo

“Mis Recuerdos” recolle 18 cancións que teñen un significado moi especial para esta cantante mexicana afincada en Ribadeo

Ribadeo a 12 de decembro de 2022. Este venres 16 de decembro ás 20 hrs. no Cine Teatro Ribadeo, a cantante mexicana, Betty Singh, presenta o seu novo traballo discográfico. Un disco con 18 rancheiras que teñen un significado moi especial para ela, tanto a nivel persoal como profesional.

A cantante, afincada en Ribadeo desde hai décadas, levaba moitos anos apartada dos escenarios ata que fai tres participou no programa de Antena 3 “La Voz Senior”. Agora quixo gravar un disco en homenaxe á súa familia, para deixar un pequeno legado sobre ela.

Nel recolle algunhas pezas musicais que marcaron a súa vida, coas que sente identificada e que dedica aos seus familiares. Especialmente a aqueles que ten no seu México querido.

Por iso realiza tamén este concerto-presentación para o que ten preparados oito temas do seu CD que interpretará en directo para o público que asista a unha gala que é gratuíta.

No evento asinará discos aos interesados e unha parte das vendas do CD destinarase á AECC.

Exit mobile version