Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados composteiros aos veciños de Xove

Xove, 26 de decembro, 2022. O pasado venres o Concello de Xove, a través da Concellería de Agricultura, fixo entrega a un numeroso grupo de veciños de Xove de composteiros, que tiñan solicitado no Departamento de Agricultura.

Deste xeito, os veciños poderán fabricar nas súas casas o seu propio compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o terreno dada a súa condición de produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos; tamén actúa en moitos casos como bactericida e funxicida. Ademáis, ao ser un produto rico en nutrientes, convérsese nun excelente abono.

Con estes composteiros contribúese á redución de tanto volume de residuos producidos, e tamén a eliminar ou, polo menos, minimizar todo o posible o uso excesivo de fertilizantes químicos.

O Concello de Xove ven realizando estas campañas dende 2012 en colaboración con Sogama.

Exit mobile version