Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres celébrase a IV Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove

Xove, 15 de decembro, 2022. Este venres 16 de decembro celébrase a IV Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local, no Salón de Actos municipal ás 20:30 o Alcalde Demetrio Salgueiro presentará a Gala na que intervirán Nacho Rodríguez, de Evox Vertical, e Andrea González, de Tropic Gaia.

Explicaran como lles xurdiu a idea empresarial; cales foron as principais motivacións; cales cren que son as súas calidades como persoas emprendedoras; cales son os puntos fortes da súa empresa; como foi o proceso de creación empresarial: avaliación da idea, busca de financiación, busca de clientela, tramitacións, axudas, atrancos cos que se atoparon; se volverían facelo; e que plans de futuro teñen.

Esta gala celébrase para pór en valor o emprendemento (especialmente o das mulleres), o desenvolvemento sostible, o talento, a lingua galega, o sinxelo, o rural, o sólido, o apoio mutuo, o respecto, a creatividade, a confianza, a responsabilidade, o comercio local, o próximo, o compromiso.

Con seguridade estas experiencias emprendedoras serán exemplos a seguir, serán referentes para aquelas persoas que teñen unha idea empresarial.

O Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local está a disposición para ofrecer asesoramento, porque non é suficiente ter unha boa idea, é preciso avaliala e darlle forma chegando á elaboración dun Plan de Empresa viable.

Contarase coa interpretación musical de Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. O día da IV Gala do Emprendemento Local do Concello De Xove, o 16 de decembro de 2022 sae á luz o novo traballo discográfico de Guadi: Roibén.

A entrada á gala é libre e gratuíta ata completar aforo, as portas abriranse ao público ás 20:15 h.

Exit mobile version