Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran acollida da campaña de recollida de xoguetes ‘Dálle unha volta ao Nadal’ que permitirá que tod@s @s nen@s de Ribadeo reciban agasallos estas festas

Ribadeo, 28 de decembro de 2022. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, agradece a resposta da veciñanza para que todas as nenas e os nenos de Ribadeo reciban agasallos este Nadal.

A edil ribadense fai un balance positivo da campaña de recollida de xoguetes Dálle unha volta ao Nadal: “agradecemos enormemente a colaboración e implicación da veciñanza nesta campaña”.

Mónica Freire subliñou que “as familias que o precisen, poden pasar en horario de mañá polo auditorio, polo departamento de Servizos Sociais, para recoller os xoguetes para a visita do Apalpador e do Reis Magos”.

A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “tamén contamos coa colaboración da Anpa do Ceip Gregorio Sanz, que nos fixo chegar xogos e outros agasallos. Agradecemos tamén o seu xesto”.

A nova edición da campaña Dálle unha volta ao Nadal arrincou a finais de novembro e rematou o pasado 13 de decembro: “data desde a que procedemos a organizar todo o material recibido para que agora as familias poidan achegarse ata os Servizos Sociais e así elixir o que precisan para as súas crianzas”.

Os concelleiros de Servizos Sociais e Deportes, Mónica Freire e Jorge Díaz, achegáronse ata o auditorio para revisar todo o material entregado.

Exit mobile version