Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz denuncia novamente a falta de información e a improvisada e incompleta cobertura no centro de saúde

Foz, 30 de decembro, 2022. O pasado 24 de decembro a Consellería de Sanidade deixou sen cobertura médica aos veciños de Foz. O BNG denunciou este feito e os numerosos antecedentes sen resolver que rebordan moito a paciencia das veciñas.

Diante da denuncia pública do BNG de Foz, o SERGAS amósase nervioso e improvisa. O BNG anticipaba tamén a previsible repetición da ausencia este vindeiro sábado 31 de decembro, pois confirmado. Pero a ocurrencia do PP para tapar a súa impericia e neglixencia, é inventarse unha quenda de media xornada, sen anuncio público, nin coñecerse o horario desa prestación, con claro desleixo, coma toda a sua xestión.

O BNG de Foz e os veciños da mariña consideran que os seus servizos sanitarios deben ser completos e diarios, con dotación completa na plantilla de facultativos, de medicina xeral e pediatría, plantilla completa diaria de TES no 061, de equipo completo de reforzo no vrao, de substitución completas todolos días das baixas, de creación e dotación completa da praza de matrona, en definitiva unha asistencia diaria e completa e non apaños para agochar a sua incapacidade e desinterés, cando non ausencias completas, iso sí con ocultación interesada.

Exit mobile version