Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu este venres ao concerto de Gisele Jackson & The Shu Shu’s, patrocinado pola Xunta no marco do VIII Festival de Jazz e Blues de Ribadeo

A actuación de Jackson no auditorio Hernán Naval é a cabeza de cartel da presente edición, sendo o único que ofrece en España a diva norteamericana dentro da súa xira europea. O festival ribadense, que conta co apoio da Xunta a través de Turismo de Galicia, celébrase desde o 25 de novembro e rematará o próximo domingo coa actuación de Red Beans & The Pepper Sauce. Hoxe actúa tamén Matabuena Trío no Parador, e nos días precedentes participaron no evento Los Deltonos, o Trío Mejunje, Pablo Castanho e Marcos Pin Jazz Orchestra, Noa Lur, Pablo Sanmamed Trío e Carmen Rey.

Exit mobile version