Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres 16 de decembro ás 20:30 a casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz acolle a presentación dun libro de Andres Díaz sobre a arte das tarrafas no concello de Foz

O autor explicará na súa conferencia cales son as características destas embarcacións no porto de Foz, as súas diferenzas coas do porto de Viveiro, o número de buques que desde comezos do século XX traballaron nesta arte en Foz e os patróns máis significados e mariñeiros máis significados deste período. Andrés Díaz proxectará na súa palestra diversas fotos de barcos da arte da tarrafa que tiñan como base o porto de Foz.

Exit mobile version