Site icon Crónica3.com A Mariña

Papa Noel visitou o pasado domingo o Burgo de Trasbar

A actividade, organizada pola Asociación de Veciños, deu comezo ao redor das 17.00 horas coa chegada de Papa Noel ao Local social do burgo, onde o estaban a agardar case unha vintena de nenos. Logo de saudar aos nenos presentes e recoller algunha que outra carta de última hora, Papa Noel agasallounos cun detalle para logo desfrutar todos xuntos dunha pequena merenda. Os nenos quedaron encantados coa visita, e dende o colectivo, queren dar as grazas pola participación rexistrada e animan a que en vindeiros anos máis nenos se acheguen ata o Local social para acompañar a Papa Noel.

Exit mobile version