Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha condutora resulta ferida despois de saírse da vía co seu vehículo en Viveiro

Viveiro, 18 de decembro, 2022. Unha muller resultou ferida, e tivo que ser excarcerada polos bombeiros, despois de saírse da vía o turismo que conducía ao seu paso polo concello lucense de Viveiro.

O accidente ocorreu ao fío das 14:00 horas de hoxe. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia por unha persoa particular, a muller sufriu unha saída de vía mentres conducía pola Avenida Juan Navia Castrillón, á altura do número 19, e necesitaba axuda tras quedar atrapada no interior do vehículo.

A partir de aí, os xestores do 112 alertaron axiña aos aos Bombeiros de Viveiro, que acudiron ao lugar do accidente e fixeron uso do material de excarceración para romper un dos cristais e poder facilitar a saída da ferida polo maleteiro do turismo. Ata o punto tamén desprazáronse os axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez rematadas as labores de excarceración, a condutora foi evacuada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia.

Exit mobile version