Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro despide 2022 con teatro infantil e a troula fin de ano con ‘Los Alcántara’

Viveiro, 30 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro propón para este Nadal unha ampla e variada oferta de actividades para a súa veciñanza centradas hoxe e mañá no Fin de Ano.

Esta mesma tarde, os máis cativos da casa serán os protagonistas coa representación de “O comenoites” de Os Náufragos, unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite.
O Teatro Pastor Díaz acolle esta obra para crianzas de 0 a 4 anos con dúas funcións, ás 12:00 e ás 18:00 horas.

As entradas son de balde ata completar o aforo, e a reserva pódese facer a través do teléfono 982 56 01 62 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es

A festa continuará mañá sábado, día 31. A Praza Maior de Viveiro será o escenario para a diversión, a troula e a festa coa actuación de “Los Alcántara” entre as 13:30 e as 15:30 horas.

Máis información da programación do Nadal en https://bit.ly/3hXXsoi

Exit mobile version