Site icon Crónica3.com A Mariña

A AAVV Casco Antigo de Viveiro asegura que non convocou ninguha reunión

Viveiro, 7 de xaneiro, 2023. É ben triste ter que malgastar tanta enerxía, pero ante os últimos acontecementos e a postura adoptada pola alcaldía e as declaracións falsas ante os medios de comunicación, vémonos na obriga de respostar unha vez máis ao equipo de goberno do Concello de Viveiro.
Puntos a aclarar:

● Non convocamos ningunha reunión, tan só reclamamos dereitos da veciñanza e
cumplimos deberes, pero non só no modo en que os entenda a alcaldía.

Dende a asociación nin solicitamos nin convocamos reunión algunha có Concello. Foi éste,
q despois de verse nos medios de comunicación polo caso do botellón, lle urxiu
convocarnos e citarnos para unha reunión. Tal e como dixemos, esa reunión só lles valía
baixo as súas premisas, xa que eludiron tratar calquera tema de competencia municipal
parapetándose detrais da policía, supoñemos para eludir a súa responsabilidade no tema xa que levamos moitas reunións nos mesmos termos (licenzas, actividades en concordancia
coas mesmas, acondicionamento dos locais á normativa, ordenanzas …)

● Comentarios e cuestións aos datos aportados na citada reunión
Non queremos desmerecer o traballo dos corpos de seguridade, máis cómpre aclarar unhas
cantas cuestións:
Con respecto ao consumo de alcohol na vía pública contan que houbo 103 actas da policía
local nos anos do confinamento, e no ano 2022 non hai ningunha, do que infiren que agora
se bebe menos na vía pública que durante o confinamento?
E logo díxose que houbo 39 chamadas por queixas derivadas do ocio nocturno no casco
antigo, e destas intervencións policiais soamente en un dos casos foi necesario emitir unha proposta de sanción por incumprimento do horario de peche dun establecemento.
Do que se deduce que o resto das 38 chamadas foron por “vicio dos veciños” que se
aburren pola noite?

● Somos unha asociación de veciños non un partido político
Entendemos que os partidos políticos xa estén en modo precampaña, máis o resto da
sociedade non atende a ese mesmo calendario e as urxencias coas que actúan uns e
outros cando se achega a data.

Desexamos por riba de todo unha boa convivencia entre toda a veciñanza e que Viveiro se
convirta nun modelo de xestión que fomente a vida nun fermoso casco antigo que esmorece
por momentos e que está a sufrir unha serie de problemáticas que cómpre atender dende
os responsables políticos, esa é a nosa principal misión como asociación de veciños
Velamos polos intereses de cada persoa veciña, en especial as cuestións relativas á
convivencia. Agradaríanos moitísimo non ter que atender estas cuestións, porque eso
significaría que non as temos. E o que non acabamos de comprender é porque o concello
decide facernos crer que non existe problema algún. Se non é tan grave por que ninguén
quere vivir aquí? Por que o casco Viveiro perde poboaciòn e gaña inmobles abandoados?
Queremos falar do tema ou seguimos a mirar para outra parte ?

Exit mobile version