Site icon Crónica3.com A Mariña

A ANPA do Ceip San Cosme de Barreiros pon en marcha un Club de Lectura para Familias reflexivas

Barreiros, 23 de xaneiro, 2023. Os espazos para familias son unha necesidade nos tempos que corren,espazos de conversa, de intercambio e sobre todo espazos de apoio onde poder falar do que preocupa ás familias no día a día na educación dos seus fillas e fillos.
A Anpa do Ceip San Cosme decide pór en marcha esta iniciativa co obxectivo final de “Crear Comunidade e xerar espazos para que as familias (tanto do cole como de fóra del) poidan crear redes de apoio na difícil tarefa de criar nos tempos actuais”.

Por ese motivo seleccionáronse unha serie de libros atendendo ás necesidades máis habituais que hoxe en día estanse dando nas familias da nosa contorna.

Neste mes de xaneiro abordaremos a través do libro “Empantallados” (M. José Abad, editorial Vergara) estratexias para poder educar ás nenas e nenos nun mundo tecnolóxico dun xeito equilibrado e saúdabel. A educación dixital é unha asignatura pendente para as familias e mediante este libro iranse abordando pautas e reflexións que axudaran a guiar aos fillos e fillas neste mundo hiper-conectado.

No mes de febreiro leremos o libro “Educar en la atención” (Luís López González, editorial Plataforma Editorial) onde se falará de cómo potenciala e que tipo de exercicios pódense practicar cos nenos e nenas para fortalecer esta capacidade.

No mes de marzo abordaremos o libro “Aprender a estudiar” (Ana Villacorta , editorial Plataforma Editorial) onde iremos abordando distintas ferramentas que poidan axudar aos fillos e fillas para enfrontar os deberes e exames co fin último de que aprendan por si mesmos a acadar os obxectivos no cole ou noutros retos que lles depare o futuro.

No mes de abril seleccionamos o libro “Niños sin etiquetas” (Álvaro Soler , Concepción Roger. Editorial Planeta. Esta guía de crianza aportará consellos sobre como educar aos nenos e nenas sen caer na trampa das etiquetas para que poidan desenvolverse de maneira máis plena e feliz.

En maio achegarémonos ao libro “El fin de la ansiedad en niños y adolescentes: como ayudar a tus hijos a gestionar los miedos, el estrés y la ansiedad” (Gio Zararri, editorial Vergara). Neste libro de referencia iremos abordando esta doenza mental así como ferramentas para poder xestionala mediante exercicios que axuden aos nenos e nenas a superala.

E por último no mes de xuño leremos o bestseller “Como hablar para que los niños escuchen y como escuchar para que los niños nos hablen” (Adele Faber, editorial Rayo). Neste libro enfrontaremos novas maneiras de comunicarse coas nenas e nenos axudándolles a xestionar os sentimentos negativos, a frustración, a decepción e poder resolver os conflictos mediante a comunicación como ferramenta máis importante nas relacións familiares.

As reunións do club de lectura serán abertas a todas as familias que desexen asistir e darán comezo o vindeiro venres 27 de xaneiro ás 19:30 da tarde no Ceip San Cosme de Barreiros. Para anotarse pódese facer no seguinte número de teléfono:
-676.259.076 (Carolina)
-mail: carolinagarciachico@gmail.com

Exit mobile version