Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e a Asociación Prato-Do poñen de novo en marcha unha campaña de colaboración con Cines Viveiro

Viveiro, 23 de xaneiro, 2023. O obxectivo destas colaboracións é poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro suman forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos.

Nos meses de abril e outubro do ano pasado iniciouse este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine.

Para esta fin de semana, poremos en marcha de novo esta iniciativa para achegar o cine a tódolos pequenos. Consiste nun vale desconto de 2€ para o sábado 28 ou o domingo 29 de xaneiro con 3 películas de animación e aventuras a elexir, “Avatar, el sentido del Agua” en 3D, “El Asombroso Mauricio” y “El Gato con botas, el último deseo”. Destacar que a proxección de Avatar é en láser 3D HFR, un formato único na provincia.

Estes vales serán entregados nos colexios da zona para que cheguen directamente ós nenos, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, CEIP Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío.

O desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com co código CINE4, e no caso de “Avatar” co código CINE3D, este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa tes o teu sitio reservado ó chegar. O aforo é limitado e por iso se recomenda o sistema de sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas.

O cine está en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir “experiencias” xunto ós nosos.

Apóstase por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. O éxito das pasadas convocatorias fainos repetir novamente esta colaboración a 3 bandas.

Estas accións están financiadas con cargo ós fondos Feder, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, «Unha maneira de facer Europa».

Exit mobile version