Por quinta vez, o Pescados Rubén Burela FS alza a Supercopa de España Feminina, cuarta vez consecutiva
Comeza o encontro e Dany ten a súa primeira gran oportunidade no minuto 2 de xogo. Pouco despois, no minuto 3, tras unha parede entre Antía e Cilene, a primeira anota o primeiro gol do encontro. O Burela domina o xogo e tras varias oportunidades máis, de Cilene e posteriormente de Emilly, ambas frustradas pola porteira Sara Soares no minuto 9 e outra destacable no 10, tras unha moi boa xogada de Dany e Cilene que vai ao pau e logo detén a porteira o remate de Antía. Tras o primeiro tempo morto no mesmo minuto, Dany anota o segundo gol no minuto 12 tras un xiro. Tras unha falta de Antía, Nerea vese obrigada a abandonar a pista con molestias preocupantes na perna, esperamos que sexa menos do que pareceu. No minuto 16 Peque anota o 3-0 cun golazo tras un pase de Emilly dende media pista. A continuación dúas oportunidades boas do Torreblanca, unha de Juliana no minuto 16 que se vai por encima do traveseiro e outra de Amandhinha no 17 que para a nosa porteiraza Caridade. Antes do descanso Emilly tira unha falta perigosa que se vai fóra e o Torreblanca presiona con porteiro-xogador na última xogada.
Na segunda parte sae Jozi á pista por Caridade e o Torreblanca continúa co xogo de 5 tendo varias oportunidades, entre elas Jozi fai unha dobre parada destacable que evita o primeiro gol do equipo de Melilla. En o minuto 28 o Burela FS volve lanzar unha falta perigosa que vai fóra e tras un tempo morto no minuto 30 Thais anota 3-1 xogando en superioridade. Continúan co 4 para 5 e o Torreblanca continúa buscando e tendo oportunidades ante a boa defensa laranxa, pero no minuto 31 Emilly mete o 4-1 cun golazo que se coa entre as pernas da porteira rival. No 36 unha oportunidade destacable de Irene Samper que dá no pau e a pesar da presión do xogo de 5 por parte do Torreblanca non conseguen cambiar o resultado, quedando 4-1 ata o final do encontro e proclamando CAMPIOAS, unha vez máis, ás Raíñas Laranxas de Julio Delgado.
Ficha Técnica
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Cilene, Antía, Emilly – cinco inicial- Peque (C), Jeny, Irene Samper, Patricia, Jozi de Oliveira (P)
MSC Torreblanca FS: Sara Soares (P), Lydia, Amandhinha, Juliana, Bia – cinco inicial-, Vicky, Jhennif, Nerea, Nega, Shulha, Thais, Ana Cunha, Vika, Patri (P)
Goles: Min.3 Antía 1-0; min.12 Dany 2-0; min.16 Peque 3-0; min.30 Thais 3-1; min.31 Emilly 4-1.
Equipo Arbitral: Sergio Sánchez Llrente, Lucía Gómez Rojo, Fernando Faubell Zaldivar, Noelia Gutiérrez Muñoz.