Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta axuda aos concellos da Mariña a financiar os seus servizos sociais cunha achega de 485.900€

Estes fondos canalízanse a través do Plan Concertado de 2022 e destínanse á contratación de persoal, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e ao desenvolvemento de programas de inclusión

Lugo, 1 de xaneiro de 2023. A Consellería de Política Social e Xuventude concede aos Concellos da Mariña 485.900 euros en axudas para que financien os servizos sociais municipais. Estas achegas económicas fíxanse a través do Plan Concertado do ano 2022 e están dirixidas á contratación de persoal, ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e á posta en marcha de programas de inclusión.

A partida máis importante do Plan Concertado, 412.000 euros, destínase ao cofinanciamento de 24 traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías que forman parte do persoal dos servizos sociais comunitarios de todos os concellos da comarca. Este montante supón un incremento de 16.800 euros con respecto ao destinado para este fin no anterior plan e permite reforzar o persoal na Pontenova e Trabada.

Así mesmo, o Plan Concertado serve para a apoiar ás Corporacións municipais no desenvolvemento de programas de inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social, para o que se reservan 73.900 euros.

Este importe repartiuse nun total de 13 programas que se puxeron en marcha en 10 concellos; as actuacións dan prioridade ás axudas de emerxencia social, a programas de educación e apoio familiar e a iniciativas destinadas a persoas sen fogar e a persoas especialmente vulnerables.

Exit mobile version