Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta destaca a calidade na atención do centro de protección de menores de Mondoñedo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe estas instalacións acompañado do alcalde desta localidade, Manuel Ángel Otero

Mondoñedo, 27 de xaneiro de 2023. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de protección de menores de Mondoñedo onde destacou a calidade na atención destas instalacións que, desde a súa apertura no ano 2020, xa se ten convertido nunha referencia en toda a provincia. Durante a visita estivo acompañado do alcalde da localidade, Manuel Ángel Otero.

A Consellería de Política Social e Xuventude destina este ano un total de 533.000 euros ao mantemento deste recurso, que dispón de 17 prazas. Nestas instalacións ofrécense unha atención integral a menores en risco de exclusión. O director xeral sinalou a importancia destes recursos nos que se procura unha integración dos nenos e adolescentes en risco de desprotección.

Exit mobile version